Benvidos á nosa biblioteca virtual.


mércores

Cando Hitler roubou o coello rosa. Judith Kerr.


Judith Kerr (Berlín, 1923) é unha escritora e ilustradora de libros infantís y xuvenís. A súa vida estivo marcada polos cambios políticos dende que era pequena: á corta idade de dez anos tivo que abandonar  o seu país natal xunto á súa familia porque seu pai, xornalista e crítico teatral, criticara aos nazis publicamente e cando estes subiron ao poder todos se atoparon en perigo. O seu primeiro destino foi Suiza, dende onde viaxaron ata Francia. Finalmente chegaron a Inglaterra, que se convertiu na residencia definitiva da autora.
Durante a súa xuventude traballou como enfermeira para a Cruz Vermella, emprego que abandonou máis adiante porque o seu home, Nigel Kneale (un guionista de gran reputación), lle propuxo solicitar un posto na cadena británica BBC. Máis adiante tiveron dous fillos, cuxos empregos tamén están relacionados coas artes: Matthew seguiu o camiño da súa nai e no ano 2000 gañou o prestixioso premio ao libro do ano dos Whitbread Book Awards pola súa novela English Passengers; Tacy, pola súa parte,  adentrouse no mundo dos efectos especiais e entre os seus traballos destaca a súa participación nalgunhas películas de Harry Potter. Sen dúbida, unha familia chea de imaxinación e talento.
A obra de Judith Kerr  componse de contos infantís ilustrados por ela mesma, como a serie do personaxe Mog e o libro O tigre que veu a tomar o té. Da súa vertente novelística destaca a novela xuvenil Cuando Hitler roubou o coello rosa, inspirada na súa propia vida e a fuxida da súa familia a Suiza. A este libro seguen dous máis que compoñen una triloxía sobre o período nazi e as dificultades que viviu durante esa época; sen embargo,o segundo (Na batalla de Inglaterra) leva anos descatalogado en castelán e o terceiro nunca chegou a traducirse.
A modo de curiosidade, Kerr escribiu Cando Hitler roubou o coello rosa despois de que o seu fillo vise a película Sorisos e bágoas e comentase que agora xa sabía como eran as cousas cando a súa nai era pequena. A autora decidiu poñer por escrito a súa historia para que o neno coñecese a verdade, aínda que na práctica chegou a moita máis xente e incluso obtivo o Premio Deutscher Jugendliteraturpreis no ano 1974.


Ningún comentario:

Publicar un comentario