Como todos os anos, no mes de outubro, celebramos a festa de Samaín na nosa Biblioteca.
Este curso quixemos facer algo diferente aos outros anos. Os alumnos de 5º e 6º de Primaria fixeron relatos relacionados con esta celebración: historias de medo, de misterio, de intriga, con monstros, bruxas, pantasmas,... Todos estes relatos participaron nun concurso, e en cada clase seleccionáronse 3, que foron os gañadores. Os alumnos premiados leron as súas historias aos seus compañeiros do colexio na Biblioteca o día 31 de outubro para celebrar a festa de Samaín.
 |
| Os nenos de 5º preparando os seus relatos de Samaín |
 |
| Sandra e Tomás preparados para ler os seus relatos aos seus compañeiros |
 |
| Os nenos de 1º ciclo escoitando na Biblioteca os contos de Samaín. |
 |
| Marcos e Ramón contándolles ao seu público as súas "terroríficas"historias. |
 |
| Pablo e Míriam preparados para empezar os seus relatos ao público máis pequeno do cole. |
 |
| Os relatos premiados de 6º nas mans dos seus autores. |
 |
| Alumnos de 5º cos seus contos de Samaín. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario