Este ano celebramos no noso cole o Día da Biblioteca cuns contacontos. Os alumnos de 3º,4º,5º e 6º foron ás clases de 1º, 2º e Infantil a contarlles contos de medo e de misterio aos seus compañeiros máis pequenos. A experiencia foi estupenda, xa que os maiores pasárono moi ben preparando a actividade e os pequenos divertíronse moitísimo cos relatos que lles contaron.
|
Aquí temos a historia que contaron os alumnos de 6º aos seus compañeiros de 1º e 2º, que é unha versión feita polos propios rapaces, baseada no conto A bruxa que comía as palabras bonitas. |
|
Os alumnos de 5º curso relataron o conto Hansel e gretel aos seus compañeiros de Infantil de 5 anos. |
|
Os máis pequeniños do cole escoitaron moi atentos o conto dos nenos de 3º curso, O lobo sen rabo. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Tamén os rapaces de 4º deleitaron aos seus compañeiros de Infantil de 4 anos co conto
Te aseguro que los monstruos no existen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario