O COLE DE LOURIDO BAIXO O MAR
Día a día o noso cole vai cambiando, xa que agora cada recuncho semella algo diferente: unha fermosa praia; un precioso mar azul e cristalino, onde traballan os mariñeiros que van pescar na súa gamela; as profundidades mariñas onde habitan perigosas especies acuáticas; illas solitarias e misteriosas nas que ocultan os piratas os seus tesouros; lugares remotos onde viven fermosos animais, como as focas e os pingüíns; divertidos golfiños que nos fan rir coas súas piruetas; enormes tiburóns que nos asustan coas súas enormes bocas cheas de numerosos dentes afiados...
Velaquí algunhas imaxes dos nosos recunchos mariños...
Ningún comentario:
Publicar un comentario