Deste xeito, o pasado 2 de marzo, membros de ambas concellarías, xunto coa contacontos Isa Naveiro e o ilustrador Rafa Prieto, viñeron ao noso colexio para levar a cabo dito proxecto.
A actividade xira arredor de dous contos: "La abuela necesita besitos" e "Los despistes de mi abuelo Pedro".
Ao mesmo tempo que se ía narrando o primeiro conto, o ilustrador Rafa Prieto ía debuxando caricaturas relacionadas coa historia que se estaba contando, as cales foron coloreadas posteriormente polos alumnos na súa clase.
O segundo conto foi dramatizado por persoal do concello.
O que se pretende con esta actividade é que os nenos coñezan esta enfermidade e que poidan colaborar nos seus fogares coas súas familias atendendo aos maiores, prestándolles o agarimo que estes tanto precisan cando sofren esta enfermidade.
Aquí presentamos un vídeo con imaxes que ilustran esta actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario