Día Mundial da Poesía
O ano 2001 a Unesco declarou o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía, e celébrase este evento en todas as importantes capitales do mundo.
No C.E.I.P. de Lourido conmemoramos este día coa composición de poemas nas distintas aulas do centro. Despois fixemos unha exposición dos mesmos na entrada do colexio. Por último, celebramos un acto no que varios nenos leron as súas composicións aos seus compañeiros.
No seguinte vídeo amosamos algunhas imaxes desta tarefa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario